Saltar ao contido

Levando áncoras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Levando áncoras
Ficha técnica
Título orixinalAnchors Aweigh
DirectorGeorge Sidney
ProdutorJoe Pasternak
GuiónNatalie Marcin (argumento)
Isobel Lennart
IntérpretesFrank Sinatra
Kathryn Grayson
Gene Kelly
MúsicaJule Styne (cancións)
Georgie Stoll (dirección musical)
Axel Stordahl (orquestración)
Calvin Jackson (música incidental)
FotografíaCharles P. Boyle
MontaxeAdrienne Fazan
EstudioMetro-Goldwyn-Mayer
M-G-M Cartoons (secuencias animadas)
DistribuidoraLoew's Inc.[1]
Estrea19 de xullo de 1945[2]
Duración143 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento2 580 000 dólares[3]
Recadación7 475 000 dólares[3][4]
Na rede
IMDB: tt0037514 Filmaffinity: 991083 Allocine: 1201 Rottentomatoes: m/anchors_aweigh Mojo: anchorsaweigh Allmovie: v2180 TCM: 10 TV.com: movies/anchors-aweigh Netlix: 26255899 Editar o valor en Wikidata

Levando áncoras (en inglés: Anchors Aweigh) é un filme musical estadounidense de 1945 dirixido por George Sidney, protagonizado por Frank Sinatra, Kathryn Grayson e Gene Kelly e con cancións de Jule Styne e Sammy Cahn. No filme, dous mariños cun permiso de catro días en Hollywood coñecen a un neno e a súa tía, unha moza aspirante a cantante á que os mariños intentan axudar a que consiga unha audición na Metro-Goldwyn-Mayer. Ademais dunha secuencia en que Kelly baila co rato Jerry, de Tom e Jerry, no filme aparecen José Iturbi, Pamela Britton, Dean Stockwell e Sharon McManus.[5]

Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 11 de xullo de 1990.[6]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Dous mariños son condecorados polas súas accións de guerra na armada estadounidense. Joe (Kelly) salvou a vida de Clarence (Sinatra), polo que se sente en débeda por el, de xeito que Clarence, máis tímido e apoucado, consegue que Joe lle ensine a lograr unha moza da que se namora, a tía Susie (Grayson).

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

O filme foi escrito por Natalie Marcin e Isobel Lennart e dirixido por George Sidney. Foi o primeiro de tres filmes de compañeiros con Kelly e Sinatra, ao que seguiron Take Me Out To The Ball Game e On the Town, ambos de 1949. A produción tentou mesturar algúns dos elementos de máis éxito de filmes musicais anteriores da MGM, como Meet Me in St. Louis (1944).

O filme é lembrado polo número musical en que Gene Kelly baila sen interrupción co rato Jerry, ao que pon voz Sara Berner. O gato Tom aparece brevemente como un mordomo na secuencia supervisada por William Hanna e Joseph Barbera. A animación foi realizada totalmente por Kenneth Muse, Ray Patterson e Ed Barge. Orixinariamente, os produtores querían empregar a Mickey Mouse para a escena. Algunhas fontes indican que inicialmente Walt Disney aceptou prestou a Mickey, mais que Roy Disney rexeitou o acordo. Segundo o libro Bob Thomas sobre Roy Disney, o estudio tiña débedas despois da segunda guerra mundial e estaban centrados en estrear os seus propios filmes nese momento. Segundo Roy, non era un negocio realizar animacións para outras persoas.[7]

  1. Anchors Aweigh no American Film Institute Catalog
  2. Hanson, Patricia King, ed. (1999). The American Film Institute Catalog of Motion Pictures Produced in the United States: Feature Films, 1941-1950. Berkeley and Los Angeles: University of California Press. p. 71. ISBN 0-520-21521-4. 
  3. 3,0 3,1 The Eddie Mannix Ledger. Los Angeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study. .
  4. "All-Time Top Grossers", Variety, 8 de xaneiro de 1964, páx. 69.
  5. Higham, Charles; Greenberg, Joel (1968). Hollywood in the Forties. Londres: A. Zwemmer Limited. p. 85. ISBN 978-0-498-06928-4. 
  6. Programación de televisión
  7. Bob Thomas. "Building a Company: Roy O. Disney and the Creation of an Entertainment Empire." Finalmente, Disney emprestou o seu mago dos efectos Joshua Meador arranxar o filme da MGM de 1956 Forbidden Planet.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Monder, Eric (1994). George Sidney:a Bio-Bibliography. Greenwood Press. ISBN 9780313284571.